Eu ben o sei pois estiven alí: cando Hércules matou a aguia de Zeus e rompeu a última cadea que o amarraba á rocha, Prometeu non llo agradeceu; mirou ao redor do mundo e viu o froito do seu crime. Cos ollos cheos de desesperación dixo: «Nunca máis».

Creative Commons License
Prometeu desencadeado by Excalibor <excalibor@gmail.com> is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España License.